01 Feb Femxa é beneficiaria das axudas á dixitalización Industria 4.0, cofinanciadas pola Unión Europea
O obxectivo principal destas axudas é o reforzo do crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas, tamén mediante investimentos produtivos.
O resultado que se pretende acadar é posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha empresa galega e outras empresas ou entre dúas ou máis empresas galegas.
O proxecto de dixitalización de Femxa
Por Resolución do 18 de maio de 2023 (DOG nº 105, do 5 de xuño de 2023), publicáronse as bases reguladoras das axudas á dixitalización Industria 4.0 para o ano 2023, susceptibles de seren cofinanciadas no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.
Con este marco, Femxa presentou un proxecto titulado «Novo portal do alumnado e melloras no ERP».
O proxecto realízase en Vigo, provincia de Pontevedra, e vai consistir en dous desenvolvementos:
- Mellora da ferramenta «Portal do Alumnado»
- Melloras no seu software ERP con relación ás certificacións.
Resolución do IGAPE:
- Sentido da resolución: APROBATORIA
- Importe da subvención: 46.933,50 €
- Modalidade da subvención: a fondo perdido
- Importe subvencionable: 187.734 €
- Importe con fondos Feder (100%): 46.933,50 €
- Custo total da operación: 187.734
- Puntuación acadada: 61 puntos
Esta axuda establécese ao abeiro do disposto nos artigos 14 e 18 do Regulamento (UE) 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior (DOUE L 187, do 26 de xuño), así como ao establecido na Comunicación da Comisión relativa ás directrices sobre as axudas estatais de
finalidade rexional (2021/C 153/01), publicada no DOUE do 29 de abril de 2021.